jueves, 28 de noviembre de 2013

O VENTO DE MANUEL MARÍA

 O VENTO
 O vento e o seu alento
é cousa que non se ve.
O vento ten un misterio!
O vento un misterio é!

Ás veces é un murmurio,
un sopro maino da brisa,
solermiño,arrolador,
semellante a unha sorrisa.

Ás veces o vento zoa,
poderoso,ameazante:
leva lousados e arbres
coa súa forza de xigante!

O vento tolo, na noite 
corre,brúa,berra,brama:
eu a escoitalo,medoso,
acochadiñona cama!

O vento pasa bruante 
con forza de xigantón.
Eu sinto pór él respeto
e sempre lle chamo DON!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario